Texto cambia de color letra a letra

 

1  

 

 

Buzón de suxerencias

AXÚDANOS A MELLORAR    ESTA WEB

Se ves algún erro nesta web ou crees que falta algo que debería estar aquí publicado, escribir algún ártigo, ou noticia, non dubides en mandarnos un correo á dirección que aparece debaixo destas liñas. Estarémosvos moi agradecidos.

clubatletismonoia@gmail.com

 

Video da XI Carreira Pedestre Popular de Noia  2007

 

 

 

 

 

 

 

 

D

NOTICIAS

D

16/08/2010

HOXE PRESENTOUSE A CAMISETA TÉCNICA DA XIV CARREIRA POPULAR DE NOIA DOADAS POR DEPORTES HERMIDA

  Hoxe se fixo entrega por a tenda de deportes " DEPORTES HERMIDA", das camisetas que se farán entrega a todos os participantes da Carreira. Tratanse de camisetas Acqua Royal  técnicas, de cores reactivos e 100% poliéster transpirable.

 Tamén por os colaboradores Coca Cola, Eroski, Gadis, e Feiraco, faran entrega de productos para o avituallamento unha vez finalizada a proba.

Grazas a todos eles por colaborar nesta Carreira Popular

 


 

D

02/08/2010

VOLUNTARIOS PARA A XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

  As persoas que queiran axudar como voluntarios na Carreira Pedestre Popular de Noia, teñen unha reunión o próximo luns día 9  ás 21:00 horas, diante do Concello de Noia, para tratar do traballo que ten que realizar cada un,

Moitas grazas a todos, sin vos unha Carreira como esta non se pode levar a cabo.

 

 

D

18/07/2010

XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

  Temos o pracer de informarvos que o sábado 21 de agosto a partir das 18:00 horas celebrarase a XIV edición da popular carreira pedestres da nosa  localidade. Organizada polo Club Atletismo Noia e o Concello de Noia, e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago)


Este ano esta carreira preséntase con importantes novidades no que respecta tanto á forma de inscrición, como ao circuíto.
A carreira absoluta que será ás 19 horas disputarase nun circuíto moito de 10000 metros que terá o novo percorrido. A carreira se disputrá nun circuto de 1 volta pequena e 2 grandes que completarán eses 10 km totais. os espectadores terán a oportunidade de ver ata 3 veces o paso dos corredores e eles sentirán o seu alento. Tamén se introduciu a presenza do chip, co cal a inscrición da carreira absoluta (de junior ata veteranos)  www.championchipnorte.com.

 

 

NOTA IMPORTANTE
       
 

Este ano todos os atletas do Club Atletismo Noia, teñen que facer a su inscricción pola sua conta, ou poñerse en contacto con Luis, Tito, ou Fariña. (Non se faran inscriccions por parte do Club sin previo aviso do atleta)

 

 

D

13/03/2010

TARIKU NOVALES CAMPION GALEGO DE 2000ML E 4 MEDALLAS MAÍS NO CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.

 

O Campionato Galego Escolar nas categorías nfantil e alevin en pista cuberta finalizou con gran brillantez para o Club Atletismo Noia, acadando 5 medallas, 1 ouro, 2 platas e 2 bronces.
A xornada desenvolveuse en xornada de mañá e tarde, e nela participarón  9 atletas do noso Club os cales ademaís das cinco medallas mencionadas acadaron bos rexistros e melloraron as suas marcas persoaís
O atleta Tariku Novales volveu a demostrar o seu estado de forma, cosechando a medalla de ouro na carreira de 2000ml na categoría infantil, proba na que dominou desde principio o finl cun tempo de 6.35.38, quedando a so 3 segundos do record galego da  proba. As medallas de prata foron  para Tariku Novales, na proba de triple salto cunha marca de 8.46 e para Sara Moledo nun apretado final na proba de 50mv, cun tempo de 9.72. Tamén subiron o podiun neste caso na terceira posición a atleta Andrea Salgado na proba de 1000ml cun rexistro de 3.32.40 e en Triple salto acompañou a Tariku no podiun Sergio Fernández logrando a medalla de bronce cun salto de 8.36. Parabens para todos os atletas

 

CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA EN A CORUÑA

 Resultados


 

            

 

 

D

08/03/2010

CATUXA SEGADE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS NA CATEGORÍA JUNIOR

 

Onte domingo celebrouse en as inmediacións da Torre de Hércules, en A Coruña el XLVI CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL  E  DE  SELECCIONS AUTONÓMICASno que estivo presente a atleta do noso Club Catuxa Segade, formando parte do convinado da Selección Galega na categoría junior, e acadando o posto 66. Sendo a única atleta da comarca do Barbanza que obtivo plaza para o campionato de España de Cross

 

                             Resultados 

 

 

D

08/03/2010

A Pobra - CAMPEONATO GALLEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS -

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Sábado celebrouse en A Pobra do Caramiñal o Campionato Galego Escolar de Campo a Traves, no que participaron os equipos Infantil Femenino, Infantil Masculino e o equip Cadete Femenino. O Atleta Tariku Novales acadou o 4º posto na categoría individual, o igual que os equipos Infantil masculino e femenino na categoría de equipos, quedando así a un paso da  medalla de bronce. Co que respecta a o equipo Cadete femenino o resultado foi de 6º posición.

 

Resultados          

 

 

 
CAMPEONATO GALLEGO DE CROS ESCOLAR 2010

 

 

D

08/03/2010

DE VOLTA NA WEB

 Debido a uns problemas informáticos que tivemos, non puden ter actualizada a web, xa resoltos espero estar outra vez informando das actividades do clube e a participación dos atletas.

Perdoade as molestias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

D

24/12/2009

SAIDA DA SECCION DE VETERANS O DÍA DE NOITEBOA

 Como non podría ser de outra forma, o día 24 día, o Club Atletismo Noia,  concentráranse no parque e nun grupo de 80 atletas, sairan  a rua para facer un percorrido hasta a Ponte de Don Alonso e volver a Noia, donde continuaran o seu recorrido por medio do casco vello, nunha xornada festiva, donde os atletas vestidos cos gorros e traxe de Papa Noel, disfrutaran de unha tarde do 24 facendo o que mais lles gusta. " O ATLETISMO"

 A saída será as 17.00 horas 

 

 

D

21/12/2009

 

Un ano mais o Concello de Noia, e o Club Atletismo Noia, invitan o todos os ciudadáns de Noia e Comarcas a despedir o ano de unha forma deportiva, que non é outra que participar na San Silvestre. O encontro deportivo maís importante que se celebra cada 31 de decembro nesta Vila, e que pretende superar os 250 corredores do ano pasado. afianzándose como todo un clásico que serve para reunirse cos amigos, familiares, e depedir o ano da mellor e mais sana maneira posible: Facendo deporte. Devido o carácter festivo desta proba non habera categorías otorgándose trofeo  o primeiro home e a primeira muller.

 A carreira que disputaráse nun circuito de 3.200mts, polo paseo maritimo e o casco vello de Noia, con saida e chegada na Alameda.    

 A proba iniciarase ás 17.00 horas do próximo XOVES 31 de Decembro, e obsequiase a todo participante cunha camiseta conmemorativa. Tamén contaremos o finalizar a proba cunha pequena festa para despedir o ano.     

As inscricións poderanse facer no correo electrónico  sansilvestre@clubatletismonoia.org , cubrindo o formulario seguinte,  e hasta unha hora antes da proba na linea de saida,

D

19/10/09

O Club Atletismo Noia empeza a tempada con 6 podiums na X Carreira Popular do concello de Ames

O pasado sábado ás  11:00 h. nas rúas de Bertamiráns celebrouse a X Carreira Popular do Concello de Ames, onde o Club Atletismo Noia iniciaba a tempada  nas categorías escolares.  Nesta proba e como ven sendo habitual o atletas do CAN, subiron o podiún nas probas de Alevín, onde Tariku Novales, acabou o primer posto, e Lorena Cobas o segundo na categoría femenina. Na proba cadete femenina o segundo posto foi para Sara Rocha, así como tamén subiron na categoría Xuvenil- Junior, Pablo Ferro no posto segundo, e nas feminas foi Catuxa Segade e Sara Arufe, ás que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

Nesta misma proba tomaron tamén parte varios atletas senior- promesa, e veterans do Club, obtendo un meritorio 15 posto da xeral Ángel Requejo, e Jorge Muiños o 20    

Resultados

D

12/10/09

CAMPIONATO GALLEGO ABSOLUTO DE 10.000 M. EN RUTA- III CARREIRA CORUÑA 10

Onte domingo celebrouse no circuíto urbano da Coruña o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE 10.000 M. EN RUTA-III CARREIRA CORUÑA 10. Neste Campionato Galego participaron un nutrido grupo de atletas do Club Atletismo Noia.

 

 

 

 

D

25/07/09

Case 400 deportistas participaron na carreira popular noiesa

O sábado 22 de agosto  celebrouse na vila noiesa a décimo terceira edición da carreira pedestre popular, proba coordinada polo Club Atletismo Noia. A organización cualificou a proba de «completo éxito», debido ao elevado número de participantes (397 en total) e á calidade dos deportistas.
A carreira dividiuse en 13 categorías, con percorridos que oscilaron entre os 300 e os 8.200 metros, pasando polos 1.500 dos benjamines e alevíns, e os 3.000 de infantís e cadetes.
En categoría absoluta masculina o vencedor foi o santiagués, e gran favorito para o triunfo final, Jesús da Fonte. A continuación chegaron á liña de meta Rubén Castro e Elías Domínguez. En mulleres, a vitoria foi para Yolanda Gutiérrez. María Jesús Gestido e Marta Fernández completaron o podio.
A organización repartiu premios aos tres primeiros clasificados de

     Resultados          Resultados escolares                        

 

D

 

  

© 2007. C.A. Noia . E-mail: clubatletismonoia@yahoo.es | Optimizado para I.Explorer 5.5 o superior.