Texto cambia de color letra a letra

 

D

XIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA - 2009

D

O Clube Atletismo Noia (CAN) xunto co Concello de Noia, organizan a XIII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 22 de agosto de 2009 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte

 

DATOS  DA PROBA


  Poderán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados.

   CATEGORÍAS (feminina e masculina):
 

CATEGORÍA

ANOS DE NACEMENTO

DISTANCIAS

CHUPETE*

2005 e posteriores

300 metros

PITUFO*

2002-2003-2004

300 metros

BENXAMÍN

2000-2001

1500 metros

ALEVÍN

1998-1999

1500 metros

INFANTIL

1996-1997

3000 metros

CADETE

1994-1995

3000 metros

XUVENIL

1992-1993

8000 metros

JUNIOR

1990-1991

8000 metros

PROMESA

1987-1988-1989

8000 metros

SENIOR

1986 ata veteranos

8000 metros

VETERANOS/AS A

nados entre 1974 e 1969

8000 metros

VETERANOS/AS B

nados en 1968 e anteriores

8000 metros

                                        


   HORARIOS e DISTANCIAS:  1

Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello

HORA

CATEGORÍA

18:00 h

Chupete                                                                  (300 metros)

18:07 h

Pitufo                                                                       (300 metros)

18:15 h

Benxamín e Alevín                                               (1500 metros)

18:30 h

Infantil e Cadete                                                   (3000 metros)

19:00 h

Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos  (8000 metros)

     
   PREMIOS :

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), así como trofeo para as 5 primeiras mulleres e os 5 primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS. Os trofeos non son acumulativos.

Tamén darase medalla a tódolos participantes das categoría Chupete e Pitufo.

 PREMIOS EN METÁLICO

CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).

 PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado:  300 €                        

2º Clasificado:  175 €                        

3º Clasificado:  125 €                                     (Iguais para mulleres e homes)

4º Clasificado:  100 €               

5º Clasificado:  75 € 

Os premios en metálico serán aboados unha vez concluidas as probas. Para elo tódolos atletas gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte.    

As INSCRICIÓNS remitiranse ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou ó FAX no nº 981 191559, facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten).  Teléfono de información: 630 678450.

O prazo de inscrición rematará o xoves 22 de agosto de 2009 ás 14:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais de competición recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata media hora antes do inicio da proba correspondente. 

    Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal será automáticamente descalificado. 

    Segundo o artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Ruta da Federación Española de Atletismo respecto as Competicións Autonómicas, “En autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país. … En todos estos casos el atleta deberá poseer el permiso de la Federación de su país de acuerdo con la normativa IAAF. …El organizador retendrá el premio hasta que el atleta presente la documentación que permita su participación en la prueba

     Habera servizo de duchas a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán habituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento. 

    As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuiz Árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse os mesmos. 

    Os premios en metálico serán aboados unha vez concluidas as probas. Para elo tódolos atletas gañadores de premios en metálico deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte.

    As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. 

    Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da IAAF en vigor

 

   

   

 

 

   

 

 

   

 

 

 

   

 
D

 

 

 

 

  

© 2007. C.A. Noia . E-mail: clubatletismonoia@yahoo.es | Optimizado para I.Explorer 5.5 o superior.