Texto cambia de color letra a letra

 

D

PRESENTACIÓN

O Club Atletismo Noia é unha entidade deportiva funfada no ano 1985, e que figura inscrita no Rexistro de Sociedades Deportivas da Xunta de Galiza co nº 661. A súa finalidade é a práctica e promoción do Atletismo na Vila de Noia e a súa Comarca.

Na actualidade conta con 87 socios e 105 atletas agrupados nas distintas categorías tanto escolares coma federadas.

Dende mediados dos noventa o Club posúe Licenza Nacional de Club expedida pola Real Federación Española de Atletismo o que lle da dereito a participar en competicións de categoría estatal ou internacional, tamén os seus atletas poden ser convocaos tanto pola selección galega como pola española e asistir ás distintas concentración que fai a R.F.E.A.

O Club Atletismo Noia ten direito a figurar no Ranking Nacional nas distintas categorías e a recibir toda clase de información relacionada co atletismo federado.

Asemade, figura como menbro, con dereito a voz e voto, da Asamblea da Federación Galega de Atletismo que convoca anualmente.

Os monitores do club posúen a titulación de Monitor Nacional de Atletismo (nivel I) e Adestrador Nacional de Club (nivel II) tras superar os distintos exames dos cursos impartidos pola Escola Nacional de Adestradores, o que os faculta para poder adestrar e acompañar ós atletas que se clasifiquen para as distintas competición tanto galegas como nacionais.

Se che interesa o atletismo e queres ter información do que acontece nas filas do CAN tes nas túas mans o que estbas busCANdo.

 

D

 

  

© 2007. C.A. Noia . E-mail: clubatletismonoia@yahoo.es | Optimizado para I.Explorer 5.5 o superior.